A destrucción da Lastra ó Senado

Novembro 6, 2008

O senador do BNG Xosé Manuel Pérez Bouza presentou unha pregunta na Cámara Alta para reclamar cambios no trazado da A-76. Entre eles que se respete o Parque Natural da Serra da Lastra. É só unha pregunta pero está ben saber que os políticos de cando en vez recopllen as inquedanzas dos cidadáns. Estaremos a tentos a ver que responden as súas señorías, sobre todo o restod e senadores galegos ( se é que pasan por alí ese día).


A Xunta contradícese, desmárcase, desaparece

Outubro 24, 2008

Hai uns días, preguntáronlle ó Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta pola afectación da A-76 sobre o Parque Natural. Dixo basicamente que alegarían para que “O impacto sexa o menor posible”. Estamos afeitos a estas contundentes declaracións dos politicos que se traducen nun: non digo nada pero falo por non estar calado. Así que non sabemos se a Xunta presentará alegaciones, tampouco se nos pensa contestar á petición por escrito que lle presentamos para que explicara publicamente

Tal vez habería que redordarlle ó conselleiro Pachi Vázquez outras declaracións súas sonbre as bondades do Parque Natural e o importante que ía ser para Valdeorras. Moito choveu daquela.


Destino final, Bruxelas!

Outubro 24, 2008

Esta fin de semana celébranse en Madrid unhas xornadas para crear unha rede de avogados para cuestións medioambientais impulsada por Amiticia. A esas xornadas acude unha compañeira de Amigos da Terra, o colectivo ecoloxista que propuxo levar a reivindicación da Lastra ata Bruxelas quen se prestou a levar un dossier para entregarllo a David Hammerstein, o eurodeputado que podería facerse eco desta reivindicación ante a Comisión Europea.

Neste dossier resúmese a ameaza da autovía A-76 sobre o Parque Natural. Botade un vistazo!


Os de León contraatacan

Outubro 23, 2008

Os Concellos leoneses de Ponte de Domingo Flórez e La Cabrera, máis o galego Carballeda de Valdeorras uníronse para intentar que a autovía A-76 pase por alí e non os deixe aillados cunha estrada de 1876. Iso implicaría de paso non tocar a Serra da Lastra polo que estamos convosco!

Esta imaxe pachangueira é unha explicación sobre o mapa de por onde pode pasar a autovía. En ambos casos xuntaríase á altura do Barco de Valdeorras cunha diferencia, a que vai por Sobradelo daría servizop a todo o tráfico da pizarra. A que vai polo outra beira do Sil atravesa un Parque Natural.


A Xunta cala… e otorga?

Outubro 20, 2008

Non sabemos se a Consellería de Medio Ambiente vai alegar contra a destrucción do Parque Natural da Serra da Lastra co paso da autovía A-76. Nós presentamos unha petición por rexistro na que lles pediamos que o fixeran ou que explicaran publicamente o motivo da calada. Seguimos agardando novas e mentars enterámonos de que os Parques Naturais galegos son a caña, que os defenden, que os potencian e que… non protestan se os atravesa unha autovía.


No Barco non gustan da A-76, agora

Outubro 20, 2008

Hai poucos días dende o Concello do Barco escoitamos como o alcalde entendía que atravesar a Serra da lastra coa atovía non xeneraba impacto. E curiosamente, eles mesmos alegan contra o trazado polo impacto dos taludes, o ruído e o freo ó desenvolvemento urbanístico da vila. Piden a Fomento que teña en conta criterios medioambientais na escolla do trazado… só no Barco, logo?


A Xunta propón ampliar o LIC da Lastra

Outubro 16, 2008

Ademais de Parque Natural, a Serra da Lastra é un Lugar de Interese Comunitario (LIC), Zona de Especial Protección das Aves (ZEPA) e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais. Por todo iso foi incluída pola propia Consellería de Medio Ambiente na súa proposta de ampliación dos espazos protexidos de Galicia. Nun dossier que a Dirección Xeral de Conservación da Natureza presentou o pasado 18 de maio destacaban que o LIC da Lastra se duplicaría, pasando de 1.742 ha a 3.469 ha, algo máis incluso que as hectáreas incluidas dentro do Parque Natural.

Por iso estaría ben saber como se tomarían en Europa que a Xunta propoña ampliar a protección dun entorno por onde vai permitir pasar unha autovía, a pesares de existir trazados alternativos. Contradicción, incoherencia ou falta de interese?


Turismo de Montaña en Valdeorras? Que se note

Outubro 16, 2008

Hoxe e mañá celébranse en Valdeorras unhas xornadas sobre o turismo de montaña organizadas por Trevihost, un grupo de hosteleiros e emprendedores de A Veiga que decidiron apostar polo turismo rural e o desenvolvemento sostible. A estas xornadas virán estudiosos, empresarios e políticos e contarán as marabillas e potencialidades da paisaxe de Valdeorras como fonte de economía, sobre todo agora que xa nos cargamos unha vertente da serra coas canteiras de pizarra. Pero o que queda é moito e moi valioso. Trevinca é xunto coa Serra da Lastra, o principal valor medioambiental do oriente ourensán, coa diferencia de que a Lastra xa é Parque Natural.

Á clausura deste curso acudirá o director xeral de Conservación da Natureza, José Benito Reza, quen debería contestar se o seu departamento pensa alegar contra o trazado da autovía que atravesa a Serra da Lastra, sobre todo nun día no que ven a falar das bondades do turismo de montaña. Nós presentamos unha petición á consellería de Medio Ambiente para que cumpra coa súa obriga, que é defender o noso entorno e xestionar a súa convivencia coa actividade económica e social.


Donde digo Diego…

Outubro 13, 2008

O pior favor que se lle pode facer a algúns é recodarlles o que dixeron ou fixeron. Por iso creamos esta sección de prensa para ir recollendo o que se fala, o que declaran uns e outros. Tamén para animar ás tropas e que vexades que non estamos sós nisto.

O que vaiades atopando por ahí podedes enviárnolo e colgarémolo no blog. Merci.


A destrucción da Serra da Lastra xenera debate

Outubro 13, 2008

Algo é algo. Polo menos que se fale do asunto. Parece que en Valdeorras estanse enterando de que o parque natural vai ser atravesado pola autovía, ou senon botade un vistazo a esta nova de La Región e os comentarios que provocou (andamos nós por ahí, ehem).

O que semella non estar tan claro, nin sequera para o alcalde de O Barco, é que hai alternativas a que a autovía pase por alí, e que é entrando por Sobradelo. Non se trata de parar a autovía, senón de que atravese a comarca sen arrasar coa pouca paisaxe que nos queda. E por certo, non é O Barco un concello abandeirado da sostenibilidade, o respecto polo Medio Ambiente, etcétera. Pois que se note.